Arredor de Meirás. Historia ou presente? [Curso de verán da USC]

HISPONA organiza entre os días 16 e 19 de xullo en Sada un Curso de Verán da USC baixo a dirección de Emilio Grandío. As persoas interesadas en matricularse poden facelo en http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/ ata o 5 de xullo. O curso, que se celebrará na Casa da Cultura Pintor Lloréns, está patrocinado polo Concello de Sada coa axuda da Deputación da Coruña.

Ao longo de catro xornadas abordaranse en ponencias, mesas redondas e visitas guiadas, diferentes aspectos do Pazo de Meirás, como o proceso polo que rematou sendo propiedade de Francisco Franco, a súa utilización como residencia oficial do Xefe do Estado ou os debates xurdidos a partir da morte do Dictador en relación á súa titularidade. Tamén se afondará en cuestións como a utilidade social dos espazos de memoria e as políticas públicas levadas adiante sobre este tema. O obxetivo das xornadas é posibilitar un espazo de reflexión e debate sobre a natureza do franquismo e as súas consecuencias sociais e culturais no presente.

Workshop “Arredor do 78: Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición”

Os próximos días 27 e 28 de novembro HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) organiza as ‘Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición: ARREDOR DO 78’. Aproveitando o corenta aniversario da aprobación da Constitución de 1978 abordaranse diversas temáticas poñendo o foco no ano 1978 ou nos primeiros anos da Transición Democrática. Preténdese que sexa un espazo de presentación de ponencias e, o mais importante, de debate reflexivo sobre o noso pasado recente. Nestas dúas xornadas trataranse temas como o posicionamiento das dereitas ante a Constitución ou a ‘adaptación’ do PSOE nestes anos, pasando por relatorios de investigacións recentes sobre o tema (Ascón, muller, ultradereita…), o rol da prensa ou o papel do Pazo de Meirás.

Terá lugar nas Aulas 5 (martes 27, 12-14 horas e 16 a 18 horas) e Aula 11 (Mércores 28, de 11-13 horas) da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A asistencia é libre sen que sexa preciso apuntarse.

PROGRAMA

Martes 27 de novembro

12-14 horas, Aula 5:

-‘As dereitas españolas cara 1978: entre a nostalxia e a acomodación’ (Julio Prada)

-‘1978: cambio e ‘adaptación’ na esquerda española’ (Emilio Grandío)

16-18 horas, Aula 5

Fontes e investigación histórica:

-‘Muller e ¿cambio? socio político’ (Enya Antelo)

-‘ASCON: un conflicto laboral na Transición (Diego Gómez-Aller)

-‘Extrema dereita en Galicia na Transición’ (Arturo Real).

Mércores 28 de novembro

11-13 horas, Aula 11

– ‘Transición política: Apertura e peche da liberdade de información en España’ (Marcos Pérez Pena)

– ‘1978. Arde Meirás. O Pazo na Transición’ (Manuel Pérez Lorenzo)

Workshop “Escribir a guerra: Testemuños persoais e memorias das guerras ibéricas do século XX”

Os próximos días 22 e 23 de novembro HISPONA organiza o workshop internacional “Escribir a guerra: Testemuños persoais e memorias das guerras ibéricas do século XX“. O congreso, organizado en colaboración coa Facultade de Letras da Universidade do Porto e co proxecto de investigación CROME da Universidade de Coímbra, se centrará en analizar a perspectiva dos conflictos bélicos a través de testemuños persoais, abordando exemplos moi diversos, xa sean casos concretos ou maix xerais, que nos permitirán unha ampla variedade de enfoques e enriquecerán os debates, un dos obxectivos centrais das xornadas, que están planteadas como unha mesa redonda.

As xornadas terán lugar no seminario 313 da Facultade de Filosofía da USC, e a asistencia é libre sen que sexa preciso apuntarse.

Este é o programa completo do workshop:

Xoves, 22 de novembro de 2018

16:00 – Albert García Balañà (Universitat Pompeu Fabra): “Guerra colonial, soldados metropolitanos y mujeres enemigas: circulaciones y conexiones entre las experiencias en Cuba y en Filipinas (1881-1897)”.
16:45 – Alfonso Iglesias Amorín (USC / Hispona): “Prous i Vila e Fernández Oxea: recordos “arredistas” da Guerra de Marrocos”.
17:30 – Pausa

18:00 – Miguel Cardina (Universidade de Coimbra): “”Testemunhos sobre a deserção à guerra colonial portuguesa: entre a história e a memória”.
18:45 – Verónica Ferreira (Universidade de Coimbra): “Guerra Colonial 2.0. Para uma análise do testemunho no blog Luís Graça e Camaradas da Guiné”.
19:30 – Debate

Venres, 23 de novembro de 2018

10:00 – David Alegre (Universitat de Girona): “Violencia, trauma y conflicto en el frente de Teruel y su retaguardia durante la Guerra Civil Española, 1936-1938”
10:45 – Verónica Sierra (Universidad de Alcalá): “La batalla de los lápices: una historia de la Guerra Civil española en clave infantil”
11:30 – Pausa

12:00 – Xosé M. Núñez Seixas (USC/Hispona): “Patriota ou traidor? A campaña de Rusia contada por Vladimir Kovalevski, intérprete ruso da División Azul (1941-42)”
12:45 – Manuel Loff (Universidade do Porto): “A maior catástrofe da história portuguesa”: “retornados” e descolonização no discurso público português”
13:30 – Debate e peche

 

Seminario “José Antonio: Mito y realidad”, por Joan María Thomàs

O 28 de marzo, martes, volven os seminarios de Hispona da man de Joan María Thomàs, que impartirá “José Antonio: Mito y realidad”, centrado na imaxe do mais famoso dos falanxistas españois. Thomàs abordará a mitificación da súa figura, contrastándoa coa realidade do personaxe histórico, algo que abordou en detalle nunha completa biografía publicada este mesmo ano.

Joan Maria Thomàs é profesor da Universidade Rovira i Virgili, e autor de títulos como Falange, Guerra Civil, Franquisme. F.E.T. y de las JONS de Barcelona en els primers anys de règim franquista (1992), Lo que fue la Falange. La falange y los falangistas de José Antonio, Hedilla y la Unificación. Franco y el fin de la Falange Española de las JONS (1999), La Falange de Franco: Fascismo y fascistización en el régimen franquista (1937-1945) (2001); Roosevelt, Franco, and the End of the Second World War (2011), El Gran Golpe. El «caso Hedilla» o cómo Franco se quedó con Falange, Franquistas contra franquistas. Luchas por el poder en la cúpula del régimen de Franco (2016) e o mais recente José Antonio. Realidad y mito (2017).

Día: Martes, 28 de marzo
Hora: 12:00
Lugar: Seminario de Historia Contemporánea. Facultade de Xeografía e Historia, 1ª planta. Santiago de Compostela.

Workshop “Redes de intelixencia en España durante a II Guerra Mundial”

O grupo de investigación Hispona organiza entre o 8 e o 9 de abril un seminario centrado nas redes de intelixencia e espionaxe que funcionaron en territorio español durante a II Guerra Mundial. As charlas serán abertas e poderá asistir cualquera que esté interesado.

A continuación ofrecemos o programa do evento:

Read more

Workshop “Papá cuéntame otra vez”: Novos enfoques da Transición

O grupo de investigación Hispona organiza entre o 11 e o 12 de febreiro un seminario no que diversos investigadores abordarán novos enfoques no estudo da Transición española. A asistencia será aberta para todo aquel que esté interesado.

A continuación ofrecemos o programa do evento:

Read more

Seminario/taller “Historia, Internet e redes sociais”, por Alfonso Iglesias Amorín

Este mércores, 10 de decembro, Alfonso Iglesias Amorín impartirá o seminario “Historia, Internet e redes sociais”, no que se tratarán diversos temas como a utilidade de Internet para o traballo dos historiadores, a difusión online dos contidos ou o papel que a Historia pode ter nas redes sociales. O seminario está planteado cunha vertente eminentemente práctica.

Alfonso Iglesias Amorín é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa recente tese La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-136). As suas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).

Foi responsable durante varios anos dos fondos dixitais do arquivo de fontes orais HISTORGA. Na actualidade leva a web do grupo de investigación HISPONA e a súa difusión nas redes sociais. Tamén é creador da páxina de videoxogos Pixfans, con máis de 50 millóns de visitas.

Día: Miércoles, 10 de diciembre
Hora: 16:00.
Lugar: Aula de Máster. Facultade de Xeografía e Historia.

Defensa da tese “La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1936)”, por Alfonso Iglesias Amorín

O venres, 5 de decembro, o membro de Hispona Alfonso Iglesias Amorín defenderá a súa tese de doutoramento La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1860), dirixida polo doutor Xosé Manoel Núñez Seixas.

Alfonso Iglesias Amorin é Licenciado en Historia por la Universidade de Santiago de Compostela (2006), e Máster en Historia Contemporánea pola misma universidade (2007). Dende 2009 foi bolseiro do Programa de Formación del Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia Contemporánea e de América de la USC.
As suas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).
Entre 2007 e 2008 foi Investigador contratado do proxecto “Catalogación do Patrimonio Oral e Documental” do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, sendo o encargado do arquivo de fontes orais HISTORGA. Entre 2012 e 2013 estivo de estadía de investigación no Centre for War Studies do Trinity College Dublin.

Día: Venres, 5 de decembro
Hora: 11:00.
Lugar: Paraninfo. Primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia.

Conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”, por Patricia Hertel

O xoves, 4 de decembro, Patricia Hertel impartirá a conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”.

Patricia Hertel é doctora en historia coa tesis “Der erinnerte Halbmond. Islam und Nationalismus auf der Iberischen Halbinsel im 19. und 20. Jahrhundert”, sobre as relacións entre o Islam e o nacionalismo na península ibérica nos séculos XIX e XX. Dende 2012 é profesora asistente no Departamento de Historia da Universidade de Basilea. Entre os seus temas de investigación destacan a historia cultural, das relixións e os nacionalismos nos séculos XIX e XX, así como as ditaduras europeas e as relacións internacionais.

Día: Xoves 4 de decembro
Hora: 19:00.
Lugar: Sala de Profesores (decanato). Primeira planta da Facultade de Xeografía e Historia.

Vídeos de todas as ponencias no seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada”

Inauguración. Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas.
Palestra inaugural: “O Consello de Galiza e os exilios ibéricos Ramón Villares”. Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela
Read more