Workshop “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”

O luns 17 de marzo celebrarase o Workshop do grupo HISPONA “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”, no Seminario 331 da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). Terá sesións de mañá e tarde.

Nel intervirán Nina Schierstaedt, Anna Pelka (Ludwig-Maximilians-Universität München), Fátima Martínez e Rosalía Regueiro (Universidade de Santiago de Compostela). Ademais, contarase coa presenza de José Babiano (Fundación Primero de Mayo) e Martin Baumeister (Istituto Storico Germanico di Roma) así como dos profesores Xosé Manoel Núñez Seixas e Emilio Grandío (Universidade de Santiago de Compostela).

Seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”, por Martin Baumeister

O vindeiro martes, 18 de marzo, Martin Baumeister impartirá o seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”.

Martin Baumeister é catedrático e profesor titular de Historia Moderna no Seminario de Historia da Universidade de Múnich. Dende 2012 dirixe o Istituto Storico Germanico di Roma. As súas principais liñas de investigación son: historia da España contemporánea, historia da Italia contemporánea, totalitarismos do século XX, urbanismo e migracións, política e estética. Entre os libros escritos e editados por el atópanse Kriegstheater: Großstadt, Front und Massenkultur 1914 bis 1918 (2005) e “If you tolerate this…”: The Spanish Civil War in the Age of Total War (2008).

Día: Martes, 18 de marzo.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Seminario “Redes nazis en el norte de España durante la II Guerra Mundial”, por Javier Rodríguez

Este venres, 7 de marzo, Javier Rodríguez impartirá o seminario”Redes nazis en el norte de España durante la II Guerra Mundial”.

Javier Rodríguez é Profesor de Historia Contemporánea na Universidad de León. Especializado no estudo da Guerra Civil e do Franquismo, foi director e investigador de varios proxectos sobre a represión e a clandestinidade no noroeste da Península Ibérica e ten publicado diversas obras como León bajo la dictadura franquista (1936- 1951) (2003) ou máis recentemente e xunto con Emilio Grandío, War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica (2012) e Derribar a Franco (2013).

Día: Venres, 7 de marzo.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.