Emilio Grandío Seoane

Coordinador

Profesor Titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 2003, Secretario do Departamento de Historia Contemporánea e de América (2006-2010) e coordinador do Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea (2012-2018). Doutor en Historia no 1995 coa tese “La CEDA en Galicia 1931-1936”. As súas liñas prioritarias de investigación abranguen a historia política e social dende a II República ata a transición democrática, os movementos fascistas e de dereita conservadora.

Dirixiu e coordinou diversos proxectos de investigación nacionais e internacionais, financiados polo Ministerio da Presidencia e MINECO. Tamén as financiadas pola Deputación Provincial da Coruña sobre a represión da guerra civil na provincia da Coruña (2004-2006), conflito socio político na Segunda República (2006-2008) e sobre a represión institucional na provincia da Coruña (‘Xeración Perdida Coruña 36’, 2016-2017) e Pontevedra (‘Xeración Perdida Pontevedra 36’, 2017-2018). Entre 2006 e 2012, foi coordinador do proxecto interuniversitario (Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, pioneiro nos estudos sobre a represión da Guerra Civil. Tamén coordinou os grupos EUCODE, a cargo de sete universidades españolas, para desenvolver un proxecto europeo sobre “A cultura do fascismo / antifeixismo na construción de procesos de transición democrática” (2015-2017); e a Rede de Excelencia RETTDES (2015-2017).

Actualmente dirixe o grupo de investigación da USC HISPONA (Historia política e nacionalismo), grupo que participa en diversos proxectos e organiza seminarios nacionais e internacionais.

Participante en diferentes mesas de congresos e seminarios, e coordinador de numerosas monografías e dossiers. Entre os seus libros: Historia da Coruña (séculos XIX e XX) (1996); O republicanismo coruñés na Historia (1997); Anos de guerra. A Coruña, 1936-1939 (1999); Caciquismo e eleccións na Galicia da Segunda República (1999); O Informe Brandariz (A Coruña, 1937) (2001); Casares Quiroga. Discursos parlamentarios (2006), Casares Quiroga. A forxa dun líder (2011); Vixiados (2011), War Zone. A Segunda Guerra Mundial no noroeste da Península Ibérica (2012); Derribar a Franco (2013)…

Entre os seus últimos traballos, mencionar: (2015) a coordinación do Dossier da revista Historia do Presente sobre a transición en Galicia co artigo ‘A maquinaria da transición: a UCD en Galicia ‘; (2015) ‘A luz que marcou o camiño: a reconstitución do PSOE en Galicia’, Historia do Presente 26; (2017) The Balancing Act: British Intellgence during the IIWW in Spain, Sussex Academic Press; (2017) ‘Franquismo e oposición nos anos cincuenta: narracións da reconciliación nacional’ en Morente / Gallego, The last survivor, Sussex Academic Press; (2017) Compromiso coa democracia. Historia e vida de Salvador de Madariaga; (2017) ‘Sobre a transición democrática e o século XXI: Novas formas, novas fórmulas’, Studia Histórica Contemporánea, 35.; (2020) En transición. Europa y los retos de la representatividad; e (2020) ¿Orden o República? Conflictividad social y política en A Coruña (1931-1936).

Autor dos Informes Históricos sobre o Pazo de Meirás encargados pola Deputación da Coruña (2018) e a Comisión de Expertos da Xunta de Galicia (2019). Coordinador –xunto con X.M. Núñez Seixas- do dossier ‘Meirás: a sombra da dictadura’ en Grial. Revista Galega de Cultura (out-dec 2019). Membro das redes internacionais ‘Direitas, Història e Memoria’ e ‘Red para el estudio de los fascismos, autoritarismos y transiciones a la democracia’ (REFAT). Membro numerario do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses y Vogal da  Junta Directiva da Asociación de Historiadores del Presente.

Contacta con Emilio Grandío Seoane

Mais información

  • Curriculum

    En formato pdf

  • Mail

    emilio.grandio@usc.es