Xosé Carlos Veiga García

Membro


Xosé Carlos Veiga García (Ferrol, 1997) é investigador en formación predoutoral do grupo de investigación HISPONA dende 2019 cun contrato FPU. As súas liñas de investigación céntranse nas identidades e os imaxinarios sociais, así como nos estudos da cultura popular (videoxogos, cinema etc.), dende perspectivas historiográficas e pedagóxicas. Na actualidade cursa unha tese de doutoramento arredor da utilización do pasado para lexitimar identidades e descursos en redes sociais como Twitter, dirixida por Xosé Manoel Núñez Seixas e Alfonso Iglesias Amorín. Dispón de varias publicacións, seminarios e comunicacións a nivel nacional e internacional nestes ámbitos, destacando entre as últimas o artigo «The Imaginary Reich. Construction of the Mythology of Nazism in “La Caduta degli Dei” and “Il Portiere di Notte”», publicado na revista Historia Contemporánea no ano de 2024. Igualmente, participou en sucesivos proxectos financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, así como na elaboración de informes técnicos e peritaxes. No ano de 2022 realizou unha estadía internacional no NIOD Instituut voor Oorlogs-, Holocaust- en Genocidestudies.