Xusto Beramendi González

Membro fundador

Xusto Beramendi

Doutor en Historia (1987) e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (1995).

Vicerrector de Política Cultural da USC (1991), foi cofundador da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego, da que é actual presidente. Foi igualmente cofundador das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1996).

Especialista en historia das ideoloxías e dos movementos políticos, é autor de diversos estudios sobre a evolución do pensamento marxista (Miseria de la Economía, Barcelona 1974), a historiografía e a metodoloxía da historia política (La historia política: algunos conceptos básicos, Santiago, 1999) e dos nacionalismos (Ethnos versus Polis? On method and nationalism, Santiago, 1993), a cuestión nacional en España (“Identity, Ethnicity and the State in Spain. XIX and XX Centuries”, Nationalism and Ethnic Politics, 1999; “Los nacionalismos hispánicos y Europa”, Santiago, 1999; y La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. de la Granja y P. Anguera, Madrid, 2001), e o galeguismo (Vicente Risco no nacionalismo galego, Santiago, 1981. O nacionalismo galego, Vigo, 1997).

Foi investigador principal do grupo de investigación sobre “Dinámicas sociopolíticas en la Galicia urbana”, dirixindo no seu marco un total de oito teses doutorais. Asimesmo organizou e coeditou as actas dos seguintes Congresos: Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (Santiago, 1983/Madrid, 1984), Castelao (Santiago, 1986/ Santiago 1990), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (Mariñán, 1988/Madrid, 1991) e Nationalism in Europe. Past and Present (Santiago, 1993/Santiago 1994).

Na actualidade é membro da ASEN (Association for the Study of Ethnicity and Nationalism) e da Xunta Directiva da Asociación de Historia Contemporánea.

Contacta con Xusto Beramendi González

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    justo.beramendi@usc.es

  • LinkedIn

    List Content goes here