Workshop “Arredor do 78: Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición”

Os próximos días 27 e 28 de novembro HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) organiza as ‘Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición: ARREDOR DO 78’. Aproveitando o corenta aniversario da aprobación da Constitución de 1978 abordaranse diversas temáticas poñendo o foco no ano 1978 ou nos primeiros anos da Transición Democrática. Preténdese que sexa un espazo de presentación de ponencias e, o mais importante, de debate reflexivo sobre o noso pasado recente. Nestas dúas xornadas trataranse temas como o posicionamiento das dereitas ante a Constitución ou a ‘adaptación’ do PSOE nestes anos, pasando por relatorios de investigacións recentes sobre o tema (Ascón, muller, ultradereita…), o rol da prensa ou o papel do Pazo de Meirás.

Terá lugar nas Aulas 5 (martes 27, 12-14 horas e 16 a 18 horas) e Aula 11 (Mércores 28, de 11-13 horas) da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A asistencia é libre sen que sexa preciso apuntarse.

PROGRAMA

Martes 27 de novembro

12-14 horas, Aula 5:

-‘As dereitas españolas cara 1978: entre a nostalxia e a acomodación’ (Julio Prada)

-‘1978: cambio e ‘adaptación’ na esquerda española’ (Emilio Grandío)

16-18 horas, Aula 5

Fontes e investigación histórica:

-‘Muller e ¿cambio? socio político’ (Enya Antelo)

-‘ASCON: un conflicto laboral na Transición (Diego Gómez-Aller)

-‘Extrema dereita en Galicia na Transición’ (Arturo Real).

Mércores 28 de novembro

11-13 horas, Aula 11

– ‘Transición política: Apertura e peche da liberdade de información en España’ (Marcos Pérez Pena)

– ‘1978. Arde Meirás. O Pazo na Transición’ (Manuel Pérez Lorenzo)

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *