María Jesús Souto Blanco

Membro

María Xesús Souto

María Jesús Souto Blanco é profesora do Departamento de Historia Contemporánea e América. Doutorouse en Historia Contemporánea coa Tese A represión franquista na provincia de Lugo (1936-1940), a primeira realizada en Galicia (1997) sobre a represión franquista nesa comunidade, publicada en formato divulgativo por Edicións do Castro en 1998. Entre outras obras referidas a esta cuestión da que é especialista, destacan: Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo, (1936-1940): la corrupción y la lucha por el poder, editada en 1999, varios artigos como “Proceso Vega Barrera”, Unión Libre, nº 2, 1997, ou “Morir y ser muerto estudio de tres casos ejemplares entre los condenados a la pena capital en el primer franquismo”, SEMATA, nº17, 2006; “Género y compromiso. Estudio de la represión judicial ejercida sobre la mujer a raíz del estallido de la sublevación militar del 20 de julio de 1936 en Lugo”,SEMATA, vol. 20, 2008; “A persecución política da muller. Lucenses detidas no cárcere provincial de Lugo (1936-1940)”, en Emilio Grandío Seoane et alii (co-editores), A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, 2008 e “Polo que fixeron e polo que eran. A represión directa e a represión transitiva contra as mulleres na Guerra Civil”, en As mulleres na historia de Galicia. Actas do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero, 2012. Foi coordinadora do Proxecto Interuniversitario “As vítimas, os nomes e as voces” e Investigadora Principal de outros dous: “As produtoras galegas e a xustiza laboral (1938-1943)” programa sectorial de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE), e “A xustiza laboral en Galicia na voz das afectadas”, financiado polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e da muller.

Contacta con María Xesús Souto Blanco

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    mj.souto.blanco@usc.es

  • LinkedIn

    List Content goes here