Javier Frieiro Santaya

Miembro


Javier Frieiro Santaya (Caldas de Reis, 1998) é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2020, con premio extraordinario da Xunta de Galicia) e cursou estudos de mestrado en Historia Contemporánea (2021) e Formación do Profesorado (2022) pola mesma casa. Actualmente está a desenvolver a súa tese de doutoramento sobre identidades, símbolos e procesos de nacionalización na España do século XX ao abeiro dun contrato predoutoral FPU. Ademais, participa activamente nos proxectos de investigación do grupo HISPONA, en particular os enmarcados na liña dos estudos sobre memoria democrática en Galicia.