Fondo Miguel Gutiérrez

Recentemente, HISPONA publicou en liña unha parte do Fondo Miguel Gutiérrez, en colaboración co Consello da Cultura Galega. O fondo permite consultar unha variedade de materiais propagandísticos (folletos, carteis, pegatinas, etc.) que abarcan a historia recente de Galicia desde a Transición. O traballo de HISPONA consistiu fundamentalmente na dixitalización do fondo e na súa indexación.

Memorias Vivas

Como resultado do traballo de HISPONA arredor da memoria democrática nos pasados tres anos vense de publicar unha nova páxina web (Memorias Vivas) na que están dispoñíbeis os seus resultados. Nela pódese consultar un mapa que abrangue “Patrimonio e espazos da memoria democrática en Galicia: franquismo e transición”, tal e como indica o nome do propio proxecto de investigación baixo cuxo abeiro se elaborou.

O pazo de Meirás xa é do Estado

Hoxe rematou unha longa viaxe. Despois dunha loita de moitos anos, especialmente intensa desde 2017, a propiedade do pazo de Meirás, que foi a residencia de verán do ditador Francisco Franco, é agora propiedade do Estado español. A entrega das chaves estaba prevista para hoxe ás 11:00 horas, en virtude do auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, que tras acordar a petición do avogado do Estado, decretara a execución da sentenza ordenando provisionalmente que os herdeiros do ditador devolvan As Torres de Meirás ao Estado sen dereito a recibir indemnización algunha. A familia Franco, con todo, adiantouse a esta data ao depositar as chaves no xulgado na tarde de onte. Non obstante, a pesar deste traspaso, houbo que asinar o documento que materializa a entrega de chaves e, polo tanto, a transferencia da propiedade provisional ao Estado, que acaba de producirse, polo que se puxo fin a 82 anos de posesión da familia Franco.

A representación legal da familia Franco anunciou que presentará un recurso contra a orde que declara ao Estado o depositario provisional do pazo para poder retirar os “obxectos de uso persoal estrito” ou que, polas súas características, “non contribúen á importancia do pazo como Ben de Interese Cultural “e cuxa eliminación” non compromete os posibles usos finais “da propiedade no caso de que se confirme a sentenza que ordena a súa devolución ao Estado.

Aínda que durante décadas se viña reclamando que o pazo pasase a ser de titularidade pública, entre outras razóns porque a súa compra mediante subscrición pública e o posterior agasallo ao Ditador se considerou fraudulenta, os acontecementos precipitáronse desde 2017, cando a Fundación Francisco Franco asumiu as visitas ás que estaban obrigados dende a declaración do pazo como Ben de Interese Cultural, e que incumpriron en varias ocasións. Ese mesmo ano publicouse o libro de Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío: Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, creouse a Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás e comezaron os informes, incluído o do Comité de Expertos encargado polo Parlamento de Galicia a través da Consellería de Cultura, presidido polo membro de Hispona Xosé M. Núñez Seixas e no que tamén participou Emilio Grandío Seoane. Ese informe, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia, un éxito sen precedentes, acelerou o proceso xudicial que culminou hoxe, cando xa podemos afirmar que o pazo de Meirás é de todos. Non obstante, haberá que continuar, xa que a familia Franco presentará un recurso e hai outras frontes abertas, como as estatuas do Pórtico da Gloria ou a Casa Cornide. Seguiremos.

Imagen de la entrada a la finca del pazo esta mañana. Foto: Manuel Pérez Lorenzo.

Arredor de Meirás. Historia ou presente? [Curso de verán da USC]

HISPONA organiza entre os días 16 e 19 de xullo en Sada un Curso de Verán da USC baixo a dirección de Emilio Grandío. As persoas interesadas en matricularse poden facelo en http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/ ata o 5 de xullo. O curso, que se celebrará na Casa da Cultura Pintor Lloréns, está patrocinado polo Concello de Sada coa axuda da Deputación da Coruña.

Ao longo de catro xornadas abordaranse en ponencias, mesas redondas e visitas guiadas, diferentes aspectos do Pazo de Meirás, como o proceso polo que rematou sendo propiedade de Francisco Franco, a súa utilización como residencia oficial do Xefe do Estado ou os debates xurdidos a partir da morte do Dictador en relación á súa titularidade. Tamén se afondará en cuestións como a utilidade social dos espazos de memoria e as políticas públicas levadas adiante sobre este tema. O obxetivo das xornadas é posibilitar un espazo de reflexión e debate sobre a natureza do franquismo e as súas consecuencias sociais e culturais no presente.

Presentación dos resultados de Xeración Perdida Pontevedra

O proxecto Xeración Perdida representatividade institucional e represión: As corporacións municipais da II República na Provincia de Pontevedra, asinado polo grupo Hispona coa Deputación Provincial de Pontevedra, xa xerou resultados tanxibles que están a disposición do público na web da propia deputación.

En primeiro lugar destaca unha base de datos dos concelleiros represaliados, con ata 256 resultados que abranguen todas as corporacións republicanas, e diferentes categorías de represión, que van dende o asasinato ao procesamento, pasando polo encarceramento ou o exilio.

Outro dos elementos centrais é unha gran base de datos con todos os concelleiros das corporacións municipais republicanas da provincia. Mais de duas mil entradas que son froito dunha pormenorizada análise da documentación municipal de cada concello.

Isto complétase cun informe por concellos, unha colección fotográfica e uns mapas da represión que poden ser consultados en Xeración Perdida Pontevedra.

Lembramos ademais o proxecto das mesmas características que anteriormente Hispona levou a cabo para a provincia da Coruña, e que leva tempo aberto en Xeración Perdida Coruña.

Workshop “Arredor do 78: Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición”

Os próximos días 27 e 28 de novembro HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) organiza as ‘Xornadas de reflexión e debate sobre a Transición: ARREDOR DO 78’. Aproveitando o corenta aniversario da aprobación da Constitución de 1978 abordaranse diversas temáticas poñendo o foco no ano 1978 ou nos primeiros anos da Transición Democrática. Preténdese que sexa un espazo de presentación de ponencias e, o mais importante, de debate reflexivo sobre o noso pasado recente. Nestas dúas xornadas trataranse temas como o posicionamiento das dereitas ante a Constitución ou a ‘adaptación’ do PSOE nestes anos, pasando por relatorios de investigacións recentes sobre o tema (Ascón, muller, ultradereita…), o rol da prensa ou o papel do Pazo de Meirás.

Terá lugar nas Aulas 5 (martes 27, 12-14 horas e 16 a 18 horas) e Aula 11 (Mércores 28, de 11-13 horas) da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A asistencia é libre sen que sexa preciso apuntarse.

PROGRAMA

Martes 27 de novembro

12-14 horas, Aula 5:

-‘As dereitas españolas cara 1978: entre a nostalxia e a acomodación’ (Julio Prada)

-‘1978: cambio e ‘adaptación’ na esquerda española’ (Emilio Grandío)

16-18 horas, Aula 5

Fontes e investigación histórica:

-‘Muller e ¿cambio? socio político’ (Enya Antelo)

-‘ASCON: un conflicto laboral na Transición (Diego Gómez-Aller)

-‘Extrema dereita en Galicia na Transición’ (Arturo Real).

Mércores 28 de novembro

11-13 horas, Aula 11

– ‘Transición política: Apertura e peche da liberdade de información en España’ (Marcos Pérez Pena)

– ‘1978. Arde Meirás. O Pazo na Transición’ (Manuel Pérez Lorenzo)

Workshop “Escribir a guerra: Testemuños persoais e memorias das guerras ibéricas do século XX”

Os próximos días 22 e 23 de novembro HISPONA organiza o workshop internacional “Escribir a guerra: Testemuños persoais e memorias das guerras ibéricas do século XX“. O congreso, organizado en colaboración coa Facultade de Letras da Universidade do Porto e co proxecto de investigación CROME da Universidade de Coímbra, se centrará en analizar a perspectiva dos conflictos bélicos a través de testemuños persoais, abordando exemplos moi diversos, xa sean casos concretos ou maix xerais, que nos permitirán unha ampla variedade de enfoques e enriquecerán os debates, un dos obxectivos centrais das xornadas, que están planteadas como unha mesa redonda.

As xornadas terán lugar no seminario 313 da Facultade de Filosofía da USC, e a asistencia é libre sen que sexa preciso apuntarse.

Este é o programa completo do workshop:

Xoves, 22 de novembro de 2018

16:00 – Albert García Balañà (Universitat Pompeu Fabra): “Guerra colonial, soldados metropolitanos y mujeres enemigas: circulaciones y conexiones entre las experiencias en Cuba y en Filipinas (1881-1897)”.
16:45 – Alfonso Iglesias Amorín (USC / Hispona): “Prous i Vila e Fernández Oxea: recordos “arredistas” da Guerra de Marrocos”.
17:30 – Pausa

18:00 – Miguel Cardina (Universidade de Coimbra): “”Testemunhos sobre a deserção à guerra colonial portuguesa: entre a história e a memória”.
18:45 – Verónica Ferreira (Universidade de Coimbra): “Guerra Colonial 2.0. Para uma análise do testemunho no blog Luís Graça e Camaradas da Guiné”.
19:30 – Debate

Venres, 23 de novembro de 2018

10:00 – David Alegre (Universitat de Girona): “Violencia, trauma y conflicto en el frente de Teruel y su retaguardia durante la Guerra Civil Española, 1936-1938”
10:45 – Verónica Sierra (Universidad de Alcalá): “La batalla de los lápices: una historia de la Guerra Civil española en clave infantil”
11:30 – Pausa

12:00 – Xosé M. Núñez Seixas (USC/Hispona): “Patriota ou traidor? A campaña de Rusia contada por Vladimir Kovalevski, intérprete ruso da División Azul (1941-42)”
12:45 – Manuel Loff (Universidade do Porto): “A maior catástrofe da história portuguesa”: “retornados” e descolonização no discurso público português”
13:30 – Debate e peche

 

A Deputación de Pontevedra e HISPONA presentan a primeira fase de Xeración Perdida

O grupo HISPONA leva meses traballando coa Diputación de Pontevedra no proxecto Xeración Perdida, que ten o obxectivo de rescatar a vida política municipal da provincia na II República e a ruptura que para esta supuxo a sublevación militar de 1936, pola represión que sufriron os seus membros.

Este estudo de largo alcance, que xa está a rematar para a provincia da Coruña, completou xa unha primeira fase. Deste xeito, podemos presentar uns resultados preliminares do traballo xa realizado. Entre eles, o mais salientable é unha base de datos con mais de 200 concelleiros represaliados, que se pode consultar de forma aberta na rede, e que permite pescudar por nomes ou ordenar por concellos ou tipo de represión sufrida.

A web con estes resultados da primeira fase pode ser consultada a través deste enlace.

A transición a debate, curso de verán da USC no que participa HISPONA

O grupo HISPONA participa nos cursos de verán da USC. Concretamente no curso A transición a debate, que terá lugar do 18 ao 20 de xullo, no salón de Graos Juan Linz da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Son en total 18 horas lectivas e está dirixido polo profesor Manuel María de Artaza Montero. HISPONA colabora coa participación de Emilio Grandío.

Pode facerse a matrícula neste enlace (é o curso número 18), e a continuación tedes o programa completo:

Día 18: A historiografía e os estudos da Transición

9:00 Acreditación e entrega de documentación

9:30 Inauguración

9:45 A historiografía da Transición
Emilio Francisco Grandío Seoane
Profesor Titular de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de
Compostela

10:45 As transicións á democracia e a Transición española
José Ramón Montero Gibert
Catedrático emérito da Universidade Autónoma de Madrid

11:45 Pausa

12:00 A visión crítica sobre a Transición española
José Luis Villacañas Berlanga
Catedrático de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid

13:00 A violencia e a Transición española
Xavier Casals i Meseguer
Profesor da Universitat Ramon Llull

14:00 Pausa

16:30 O cine e a televisión da Transición
José Luis Castro de Paz
Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela

17:30 Pausa

17:45 Película/documental/fórum

19:45 Fin da xornada

Día 19: O Estado das autonomías: nacemento e desenvolvemento

9:00 Acreditación e entrega de documentación

9:30 O Estado autonómico español en perspectiva comparada
Ramón Máiz Suárez
Catedrático de Ciencia Politica e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

10:30 O título VIII da Constitución: secretos, falacias e inxenuidades
Roberto Luis Blanco Valdés
Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela

11:30 Pausa

12:00 Violencia política e conformación da autonomía vasca na Transición, 1977-1979
José María Portillo Valdés
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade do País Vasco

13:00 O nacemento e a consolidación da autonomía de Galicia
Xosé Luís Barreiro Rivas
Profesor titular de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

14:00 Pausa

16:30 Presentación da película
Manuel Mª de Artaza Montero.
Profesor titular de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

17:00 Pausa

17:00-19:30 Película/documental/fórum

Día 20: Europa e a transición

9:30 A Transición, España, Europa e o Estado do Benestar
Luis Moreno Fernández
Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas

10:30 A participación das comunidades autónomas na Unión Europea
Jesús Gamallo Aller
Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia

11:30 Pausa

12:00 Os factores da crise na Transición (mesa redonda/debate)
Ponentes. Modera Cristina Ares Castro-Conde, profesora contratada doutora da
Universidade de Santiago de Compostela

Xornadas 13 estampas de traizón

Os próximos días 1, 2 e 3 de febreiro, a fundación Luís Seoane organiza na Coruña as xornadas 13 Estampas de traizón, Guerra Civil, propaganda e artistas de Galiza. Nelas participará o membro de Hispona Emilio Grandío e o noso colaborador Eliseo Fernández, entre outros especialistas que compoñen un excelente cartel.

A inscripción é de balde e só require que cubrades o formulario que podedes descargar neste enlace.