Steven Forti
Colaborador externo
Doutor en Historia pola Universitat Autònoma de Barcelona e a Università di Bologna (2011), Steven Forti (Trento, Italia, 1981) é na actualidade investigador do Instituto de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa e profesor asociado na Universitat Autònoma de Barcelona (UAB).
As súas investigacións están orientadas cara a historia política e do pensamiento político do século XX e comezos do século XXI, con particular atención á Europa do periodo de entreguerras dende a perspectiva da historia comparada e transnacional. A súa tese doutoral, na que ha estudou a cuestión do tránsito de dirixentes políticos da esquerda ao fascismo nos casos de Italia, Francia e España, estivo galardoada co premio para tesis doutorais da Cátedra Juana De Vega e o accésit do Premio Miguel Artola da Asociación de Historia Contemporánea.
Entre as súas publicacións cabe destacar El peso de la nación. Nicola Bombacci, Paul Marion y Óscar Pérez Solís en la Europa de entreguerras (Santiago de Compostela, 2014); con Enric Ucelay-Da Cal e Arnau Gonzàlez i Vilalta, El proceso separatista en Cataluña. Análisis de un pasado reciente (2006-2017) (Comares, 2017); con Francisco Veiga, Carlos González Villa, Alfredo Sasso, Jelena Prokopljevic e Ramon Moles, Patriotas indignados. Sobre la nueva ultraderecha en la Posguerra Fría. Neofascismo, posfascismo y nazbols (Alianza, 2019), así como a edición crítica de Óscar Pérez Solís, Un vocal español en la Komintern y otros escritos sobre la Rusia soviética (Renacimiento, 2018).
É autor de máis dunha trintena de traballos entre artigos en revistas científicas internacionais e capítulos de libro sobre los fascismos na Europa de entreguerras, o socialismo na primeira posguerra mundial, os dirixentes políticos e os intelectuais que transitaron das esquerdas ao fascismo, os nacionalismos, as novas extremas dereitas na Posguerra Fría e o novo municipalismo.
Ademais de miembro externo do grupo HISPONA, Forti é tamén membro do Grup de Recerca sobre l’Epoca Franquista (GREF) e o Centre d’Estudis sobre Dictadures y Democràcies (CEDID) da UAB, a Red Europea sobre Teoría y Práctica de la Biografía (RETPB), a Rede Internacional de Estudo do Corporativismo e da Organização de Interesses (NETCOR) e a Rede de Estudo dos Fascismos, Autoritarismos, Totalitarismos e Transições para Democracia (REFAT). Membro asimismo da redacción de Spagna Contemporanea. Rivista semestrale di storia, cultura e istituzioni, de Tiempo Devorado. Revista de Historia Actual e de Suite française. Rivista di cultura e politica. Forti escribe en diversas revistas e periódicos en Italia, España e Grecia (CTXT, Política & Prosa, Limes, Micromega, Rolling Stone e Epohi).