Asinado un convenio de colaboración entre o grupo HISPONA da USC e o Concello de Santiago

O grupo de investigación HISPONA ven de asinar un convenio de colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago para a realización dunha unidade didáctica e un itinerario sobre a II República en Santiago de Compostela.

O convenio, asinado o 11 de novembro, contempla a elaboración dunha unidade didáctica para uso dos docentes en ensino secundario, bacharelato e formación profesional, así como a realización dun itinerario e a elaboración do texto dun folleto orientativo sobre o mesmo.

A unidade afondará en aspectos sociais locais da II República, xunto a outros de ámbito galego, de xeito que servirá para facer unha visita pola cidade recuperando elementos da memoria republicana, e tamén para ampliar os coñecementos do alumnado nesta etapa histórica.

De completar estas tarefas se encargan os membros de HISPONA Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, que contan con varias monografías e publicacións específicas sobre a II República.

Workshop “Redes de intelixencia en España durante a II Guerra Mundial”

O grupo de investigación Hispona organiza entre o 8 e o 9 de abril un seminario centrado nas redes de intelixencia e espionaxe que funcionaron en territorio español durante a II Guerra Mundial. As charlas serán abertas e poderá asistir cualquera que esté interesado.

A continuación ofrecemos o programa do evento:

Read more

Workshop “Papá cuéntame otra vez”: Novos enfoques da Transición

O grupo de investigación Hispona organiza entre o 11 e o 12 de febreiro un seminario no que diversos investigadores abordarán novos enfoques no estudo da Transición española. A asistencia será aberta para todo aquel que esté interesado.

A continuación ofrecemos o programa do evento:

Read more

Seminario/taller “Historia, Internet e redes sociais”, por Alfonso Iglesias Amorín

Este mércores, 10 de decembro, Alfonso Iglesias Amorín impartirá o seminario “Historia, Internet e redes sociais”, no que se tratarán diversos temas como a utilidade de Internet para o traballo dos historiadores, a difusión online dos contidos ou o papel que a Historia pode ter nas redes sociales. O seminario está planteado cunha vertente eminentemente práctica.

Alfonso Iglesias Amorín é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa recente tese La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-136). As suas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).

Foi responsable durante varios anos dos fondos dixitais do arquivo de fontes orais HISTORGA. Na actualidade leva a web do grupo de investigación HISPONA e a súa difusión nas redes sociais. Tamén é creador da páxina de videoxogos Pixfans, con máis de 50 millóns de visitas.

Día: Miércoles, 10 de diciembre
Hora: 16:00.
Lugar: Aula de Máster. Facultade de Xeografía e Historia.

Defensa da tese “La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1936)”, por Alfonso Iglesias Amorín

O venres, 5 de decembro, o membro de Hispona Alfonso Iglesias Amorín defenderá a súa tese de doutoramento La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1860), dirixida polo doutor Xosé Manoel Núñez Seixas.

Alfonso Iglesias Amorin é Licenciado en Historia por la Universidade de Santiago de Compostela (2006), e Máster en Historia Contemporánea pola misma universidade (2007). Dende 2009 foi bolseiro do Programa de Formación del Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia Contemporánea e de América de la USC.
As suas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).
Entre 2007 e 2008 foi Investigador contratado do proxecto “Catalogación do Patrimonio Oral e Documental” do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, sendo o encargado do arquivo de fontes orais HISTORGA. Entre 2012 e 2013 estivo de estadía de investigación no Centre for War Studies do Trinity College Dublin.

Día: Venres, 5 de decembro
Hora: 11:00.
Lugar: Paraninfo. Primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia.

Conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”, por Patricia Hertel

O xoves, 4 de decembro, Patricia Hertel impartirá a conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”.

Patricia Hertel é doctora en historia coa tesis “Der erinnerte Halbmond. Islam und Nationalismus auf der Iberischen Halbinsel im 19. und 20. Jahrhundert”, sobre as relacións entre o Islam e o nacionalismo na península ibérica nos séculos XIX e XX. Dende 2012 é profesora asistente no Departamento de Historia da Universidade de Basilea. Entre os seus temas de investigación destacan a historia cultural, das relixións e os nacionalismos nos séculos XIX e XX, así como as ditaduras europeas e as relacións internacionais.

Día: Xoves 4 de decembro
Hora: 19:00.
Lugar: Sala de Profesores (decanato). Primeira planta da Facultade de Xeografía e Historia.

Vídeos de todas as ponencias no seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada”

Inauguración. Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas.
Palestra inaugural: “O Consello de Galiza e os exilios ibéricos Ramón Villares”. Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela
Read more

Seminario “¿Historia dunha Cruz?. O monumento ós caídos de Vigo. Historia, cidadanía e memoria”, por José Ramón Rodríguez Lago

O mércores, 19 de novembro, José Ramón Rodríguez Lago impartirá o seminario “¿Historia dunha Cruz?. O monumento ós caídos de Vigo. Historia, cidadanía e memoria”.

José Ramón Rodríguez Lago é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente é profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. É especialista na análise da evolución das ideas e as institucións relixiosas na Idade Contemporánea. É autor de publicacións como La Iglesia en la Galicia del franquismo (1936-1965). Clero secular, Acción Católica en la Galicia del nacional-catolicismo (2004), Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la guerra civil (2010) ou Entre la revolución de Portugal y la cruzada de España. La Iglesia gallega entre 1910 y 1936 (2012).

Día: Mércores, 19 de novembro.
Hora: 18:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Programa do seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza”

Entre os días 14 e 15 de novembro de 2014 celebrarase no Consello da Cultura Galega un seminario co gallo do 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza en Montevideo, e que organiza o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega en colaboración con Hispona. O obxectivo é procurarmos unha nova visión historiográfica dos exilios e do seu lugar dentro da historia do século XX, partindo dende o caso galego nunha perspectiva global.

Preme aquí para acceder ao programa completo do seminario en pdf.

Workshop “A última revolución. Outubro 1934: Oitenta anos despois”

Con motivo do 80 aniversario da Revolución de outubro de 1934, o grupo de investigación HISPONA organiza un seminario no que se tratarán diversos aspectos duns feitos fundamentais para a II República, pola súa trascendencia e o enorme impacto que tiveron.

Preme neste enlace para acceder ao programa e os resumos dos seminarios (pdf).

Terá lugar os días 2 e 3 de outubro na aula 11 da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O programa será o seguinte:

2 de outubro
17:00– Nigel Townson(Universidad Complutense de Madrid): “La represión gubernamental: ¿una respuesta justa o desproporcionada?”
18:30 – Pilar Mera Costas (Universidad Complutense de Madrid): “Orde, dereito e nación. Outubro do 34 e o Goberno Xeral de Cataluña.”

3 de outubro
11:00 – Sandra Souto Kustrin (Instituto de Historia-CSIC): “Izquierda, democracia y revolución: España,1934.”
12:30 – Julio Prada Rodríguez (Universidade de Vigo): “Os acontecementos revolucionarios de outubro de 1934 en Galicia. Algunhas claves interpretativas.”