Defensa da tese “La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1936)”, por Alfonso Iglesias Amorín

O venres, 5 de decembro, o membro de Hispona Alfonso Iglesias Amorín defenderá a súa tese de doutoramento La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1860), dirixida polo doutor Xosé Manoel Núñez Seixas.

Alfonso Iglesias Amorin é Licenciado en Historia por la Universidade de Santiago de Compostela (2006), e Máster en Historia Contemporánea pola misma universidade (2007). Dende 2009 foi bolseiro do Programa de Formación del Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia Contemporánea e de América de la USC.
As suas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).
Entre 2007 e 2008 foi Investigador contratado do proxecto “Catalogación do Patrimonio Oral e Documental” do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, sendo o encargado do arquivo de fontes orais HISTORGA. Entre 2012 e 2013 estivo de estadía de investigación no Centre for War Studies do Trinity College Dublin.

Día: Venres, 5 de decembro
Hora: 11:00.
Lugar: Paraninfo. Primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia.

Conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”, por Patricia Hertel

O xoves, 4 de decembro, Patricia Hertel impartirá a conferencia “Conmemorando la media luna. El Islam y los nacionalismo ibéricos, siglos XIX y XX”.

Patricia Hertel é doctora en historia coa tesis “Der erinnerte Halbmond. Islam und Nationalismus auf der Iberischen Halbinsel im 19. und 20. Jahrhundert”, sobre as relacións entre o Islam e o nacionalismo na península ibérica nos séculos XIX e XX. Dende 2012 é profesora asistente no Departamento de Historia da Universidade de Basilea. Entre os seus temas de investigación destacan a historia cultural, das relixións e os nacionalismos nos séculos XIX e XX, así como as ditaduras europeas e as relacións internacionais.

Día: Xoves 4 de decembro
Hora: 19:00.
Lugar: Sala de Profesores (decanato). Primeira planta da Facultade de Xeografía e Historia.

Vídeos de todas as ponencias no seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada”

Inauguración. Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas.
Palestra inaugural: “O Consello de Galiza e os exilios ibéricos Ramón Villares”. Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela
Read more

Seminario “¿Historia dunha Cruz?. O monumento ós caídos de Vigo. Historia, cidadanía e memoria”, por José Ramón Rodríguez Lago

O mércores, 19 de novembro, José Ramón Rodríguez Lago impartirá o seminario “¿Historia dunha Cruz?. O monumento ós caídos de Vigo. Historia, cidadanía e memoria”.

José Ramón Rodríguez Lago é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente é profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. É especialista na análise da evolución das ideas e as institucións relixiosas na Idade Contemporánea. É autor de publicacións como La Iglesia en la Galicia del franquismo (1936-1965). Clero secular, Acción Católica en la Galicia del nacional-catolicismo (2004), Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la guerra civil (2010) ou Entre la revolución de Portugal y la cruzada de España. La Iglesia gallega entre 1910 y 1936 (2012).

Día: Mércores, 19 de novembro.
Hora: 18:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Programa do seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza”

Entre os días 14 e 15 de novembro de 2014 celebrarase no Consello da Cultura Galega un seminario co gallo do 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza en Montevideo, e que organiza o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega en colaboración con Hispona. O obxectivo é procurarmos unha nova visión historiográfica dos exilios e do seu lugar dentro da historia do século XX, partindo dende o caso galego nunha perspectiva global.

Preme aquí para acceder ao programa completo do seminario en pdf.

Workshop “A última revolución. Outubro 1934: Oitenta anos despois”

Con motivo do 80 aniversario da Revolución de outubro de 1934, o grupo de investigación HISPONA organiza un seminario no que se tratarán diversos aspectos duns feitos fundamentais para a II República, pola súa trascendencia e o enorme impacto que tiveron.

Preme neste enlace para acceder ao programa e os resumos dos seminarios (pdf).

Terá lugar os días 2 e 3 de outubro na aula 11 da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O programa será o seguinte:

2 de outubro
17:00– Nigel Townson(Universidad Complutense de Madrid): “La represión gubernamental: ¿una respuesta justa o desproporcionada?”
18:30 – Pilar Mera Costas (Universidad Complutense de Madrid): “Orde, dereito e nación. Outubro do 34 e o Goberno Xeral de Cataluña.”

3 de outubro
11:00 – Sandra Souto Kustrin (Instituto de Historia-CSIC): “Izquierda, democracia y revolución: España,1934.”
12:30 – Julio Prada Rodríguez (Universidade de Vigo): “Os acontecementos revolucionarios de outubro de 1934 en Galicia. Algunhas claves interpretativas.”

Palestra “Anticlericalismo y vías de secularización en la Europa del siglo XIX: La excepcionalidad española”

O mércores, 24 de setembro, Lisa Dittrich impartirá a palestra “Anticlericalismo y vías de secularización en la Europa del siglo XIX: La excepcionalidad española”

Accede ao resumo da palestra: Anticlericalismo y vías de secularización

Lisa Dittrich estudiou “Historia”, “Literatura Comparada” e “Alemán como Lengua Estranxeira” en Berlín e Sevilla. Licenciouse cun traballo sobre a idea de “Heimat” en España e Alemaña arredor de 1900. De 2006 a 2012 doctorouse na Ludwig-Maximilians-Universität München sendo membro do Colegio de Graduados Internacional “Culturas Relixiosas en Europa dos séculos XIX e XX”, recibindo bolsas do Evangelische Studienwerk, do Instituto Histórico Alemán de Paris, e da Fazit-Stiftung, traballando ademais de 2007 a 2008 como profesora na Facultade de Historia da Ludwig-Maximilians-Universität. A súa tese é un traballo comparativo e transnacional sobre o anticlericalismo en Europa polo que en 2012 recibiu o premio “Max Weber” da Academia de Ciencias de Baviera. Dende 2012 é profesora titular na Cátedra de Historia Europea dos séculos XIX y XX da Ludwig-Maximilians-Universität München.

Día: Mércores, 24 de setembro
Hora: 16:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

 

Seminario “El retorno del sujeto. La biografía política como género histórico”, por Pilar Mera

O martes, 22 de abril, Pilar Mera impartirá o seminario “El retorno del sujeto. La biografía política como género histórico”

Pilar Mera é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e en Ciencias da Información pola USC. Foi bolseira do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación y Ciencia no departamento de Historia del Pensamiento y los Movimientos Sociales y Políticos da Universidad Complutense de Madrid, departamento ao que sigue vencellada como investigadora. Está ultimando a súa tese doctoral, que levará o título Monárquico, republicano, liberal. Biografía política de Manuel Portela Valladares. As liñas de investigación nas que traballa son: Segunda República, guerra civil e franquismo (con especial atención a Galicia), violencia e control político, eleccións e sistema electoral, biografía política, liberalismo e democracia parlamentaria, masonaría e represión.

Día: Martes, 22 de abril.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Workshop “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”

O luns 17 de marzo celebrarase o Workshop do grupo HISPONA “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”, no Seminario 331 da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). Terá sesións de mañá e tarde.

Nel intervirán Nina Schierstaedt, Anna Pelka (Ludwig-Maximilians-Universität München), Fátima Martínez e Rosalía Regueiro (Universidade de Santiago de Compostela). Ademais, contarase coa presenza de José Babiano (Fundación Primero de Mayo) e Martin Baumeister (Istituto Storico Germanico di Roma) así como dos profesores Xosé Manoel Núñez Seixas e Emilio Grandío (Universidade de Santiago de Compostela).

Seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”, por Martin Baumeister

O vindeiro martes, 18 de marzo, Martin Baumeister impartirá o seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”.

Martin Baumeister é catedrático e profesor titular de Historia Moderna no Seminario de Historia da Universidade de Múnich. Dende 2012 dirixe o Istituto Storico Germanico di Roma. As súas principais liñas de investigación son: historia da España contemporánea, historia da Italia contemporánea, totalitarismos do século XX, urbanismo e migracións, política e estética. Entre os libros escritos e editados por el atópanse Kriegstheater: Großstadt, Front und Massenkultur 1914 bis 1918 (2005) e “If you tolerate this…”: The Spanish Civil War in the Age of Total War (2008).

Día: Martes, 18 de marzo.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.