Programa do seminario “Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza”

Entre os días 14 e 15 de novembro de 2014 celebrarase no Consello da Cultura Galega un seminario co gallo do 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza en Montevideo, e que organiza o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega en colaboración con Hispona. O obxectivo é procurarmos unha nova visión historiográfica dos exilios e do seu lugar dentro da historia do século XX, partindo dende o caso galego nunha perspectiva global.

Preme aquí para acceder ao programa completo do seminario en pdf.

Workshop “A última revolución. Outubro 1934: Oitenta anos despois”

Con motivo do 80 aniversario da Revolución de outubro de 1934, o grupo de investigación HISPONA organiza un seminario no que se tratarán diversos aspectos duns feitos fundamentais para a II República, pola súa trascendencia e o enorme impacto que tiveron.

Preme neste enlace para acceder ao programa e os resumos dos seminarios (pdf).

Terá lugar os días 2 e 3 de outubro na aula 11 da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O programa será o seguinte:

2 de outubro
17:00– Nigel Townson(Universidad Complutense de Madrid): “La represión gubernamental: ¿una respuesta justa o desproporcionada?”
18:30 – Pilar Mera Costas (Universidad Complutense de Madrid): “Orde, dereito e nación. Outubro do 34 e o Goberno Xeral de Cataluña.”

3 de outubro
11:00 – Sandra Souto Kustrin (Instituto de Historia-CSIC): “Izquierda, democracia y revolución: España,1934.”
12:30 – Julio Prada Rodríguez (Universidade de Vigo): “Os acontecementos revolucionarios de outubro de 1934 en Galicia. Algunhas claves interpretativas.”

Palestra “Anticlericalismo y vías de secularización en la Europa del siglo XIX: La excepcionalidad española”

O mércores, 24 de setembro, Lisa Dittrich impartirá a palestra “Anticlericalismo y vías de secularización en la Europa del siglo XIX: La excepcionalidad española”

Accede ao resumo da palestra: Anticlericalismo y vías de secularización

Lisa Dittrich estudiou “Historia”, “Literatura Comparada” e “Alemán como Lengua Estranxeira” en Berlín e Sevilla. Licenciouse cun traballo sobre a idea de “Heimat” en España e Alemaña arredor de 1900. De 2006 a 2012 doctorouse na Ludwig-Maximilians-Universität München sendo membro do Colegio de Graduados Internacional “Culturas Relixiosas en Europa dos séculos XIX e XX”, recibindo bolsas do Evangelische Studienwerk, do Instituto Histórico Alemán de Paris, e da Fazit-Stiftung, traballando ademais de 2007 a 2008 como profesora na Facultade de Historia da Ludwig-Maximilians-Universität. A súa tese é un traballo comparativo e transnacional sobre o anticlericalismo en Europa polo que en 2012 recibiu o premio “Max Weber” da Academia de Ciencias de Baviera. Dende 2012 é profesora titular na Cátedra de Historia Europea dos séculos XIX y XX da Ludwig-Maximilians-Universität München.

Día: Mércores, 24 de setembro
Hora: 16:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

 

Seminario “El retorno del sujeto. La biografía política como género histórico”, por Pilar Mera

O martes, 22 de abril, Pilar Mera impartirá o seminario “El retorno del sujeto. La biografía política como género histórico”

Pilar Mera é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e en Ciencias da Información pola USC. Foi bolseira do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación y Ciencia no departamento de Historia del Pensamiento y los Movimientos Sociales y Políticos da Universidad Complutense de Madrid, departamento ao que sigue vencellada como investigadora. Está ultimando a súa tese doctoral, que levará o título Monárquico, republicano, liberal. Biografía política de Manuel Portela Valladares. As liñas de investigación nas que traballa son: Segunda República, guerra civil e franquismo (con especial atención a Galicia), violencia e control político, eleccións e sistema electoral, biografía política, liberalismo e democracia parlamentaria, masonaría e represión.

Día: Martes, 22 de abril.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Workshop “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”

O luns 17 de marzo celebrarase o Workshop do grupo HISPONA “Historia Social Urbana: Novas perspectivas”, no Seminario 331 da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). Terá sesións de mañá e tarde.

Nel intervirán Nina Schierstaedt, Anna Pelka (Ludwig-Maximilians-Universität München), Fátima Martínez e Rosalía Regueiro (Universidade de Santiago de Compostela). Ademais, contarase coa presenza de José Babiano (Fundación Primero de Mayo) e Martin Baumeister (Istituto Storico Germanico di Roma) así como dos profesores Xosé Manoel Núñez Seixas e Emilio Grandío (Universidade de Santiago de Compostela).

Seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”, por Martin Baumeister

O vindeiro martes, 18 de marzo, Martin Baumeister impartirá o seminario “Destrución absoluta. Algunhas consideracións sobre a historia da violencia na época das guerras mundiais”.

Martin Baumeister é catedrático e profesor titular de Historia Moderna no Seminario de Historia da Universidade de Múnich. Dende 2012 dirixe o Istituto Storico Germanico di Roma. As súas principais liñas de investigación son: historia da España contemporánea, historia da Italia contemporánea, totalitarismos do século XX, urbanismo e migracións, política e estética. Entre os libros escritos e editados por el atópanse Kriegstheater: Großstadt, Front und Massenkultur 1914 bis 1918 (2005) e “If you tolerate this…”: The Spanish Civil War in the Age of Total War (2008).

Día: Martes, 18 de marzo.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Seminario “Redes nazis en el norte de España durante la II Guerra Mundial”, por Javier Rodríguez

Este venres, 7 de marzo, Javier Rodríguez impartirá o seminario”Redes nazis en el norte de España durante la II Guerra Mundial”.

Javier Rodríguez é Profesor de Historia Contemporánea na Universidad de León. Especializado no estudo da Guerra Civil e do Franquismo, foi director e investigador de varios proxectos sobre a represión e a clandestinidade no noroeste da Península Ibérica e ten publicado diversas obras como León bajo la dictadura franquista (1936- 1951) (2003) ou máis recentemente e xunto con Emilio Grandío, War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica (2012) e Derribar a Franco (2013).

Día: Venres, 7 de marzo.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Seminario “Viva la “rebolución” social. Violencia y conflictividad social en los años 30″, por Alejandro Rodríguez.

Este martes, 26 de febreiro, Alejandro Rodríguez impartirá o seminario “Viva la “rebolución” social. Violencia y conflictividad social en los años 30″.

Alejandro Rodríguez é Doutorando na Universidade de Santiago de Compostela en torno á Federación de Guerrillas de León-Galicia e as resistencias europeas. membro do equipo de investigación dos proxectos “Clandestinidad y represión en el Noroeste Peninsular, 1939-1953” da Universidad de León

Día: Mércores, 26 de febreiro.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Seminario “Símbolos nacionales en la España del siglo XIX: un difícil encuentro”, por Javier Moreno

O próximo venres, 14 de febreiro, Javier Moreno Luzón impartirá o seminario: “Símbolos nacionales en la España del siglo XIX: un difícil encuentro”. Javier Moreno Luzón é catedrático de Historia del Pensamiento y de los Movimientos Sociales y Políticos na Universidade Complutense de Madrid, onde desenvolve a súa labor docente e investigadora dende 1997. Especialista na vida política da España da Restauración (1875-1923), publicou múltiples traballos sobre clientelismo, partidos, eleccións, parlamentarismo, élites, monarquía e nacionalismo español. Na actualidad investiga sobre conmemoraciones nacionalistas, símbolos nacionais e relacións entre monarquía e imaxinario españolista durante o reinado de Alfonso XIII. Os seus derradeiros libros publicados son, como autor principal, Modernizing the Nation. Spain during the Reign of Alfonso XIII, 1902-1931 (Brighton, Sussex Academic Press, 2012) e, como editor científico e xunto a Xosé M. Núñez Seixas, Ser españoles. Imaginarios nacionalistas en el siglo XX (Barcelona, RBA, 2013). Dirixe o Seminario de Historia Contemporánea do Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset, de Madrid, e a colección de Ciencias Sociales y Humanidades de Genueve Ediciones.

Día: Viernes, 14 de febrero.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula del Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.

Publicado o libro Derribar a Franco, editado por Emilio Grandío e Javier Rodríguez

A editorial Eneida xa publicou o libro Derribar a Franco: Oposición al Régimen y Guerra Fría en el Noroeste de la Península Ibérica. Editado por Emilio Grandío e Javier Rodríguez.

Co conflito mundial xa rematado, Franco seguía no poder. Ninguén o derrubara. No libro previo War Zone (2012), analizouse como o noroeste peninsular foi unha peza fundamental no puzle estratéxico da Segunda Guerra Mundial.

Os sucesivos intentos de invasión militar da Península Ibérica fracasaran. Trala vitoria aliada, a oposición antifranquista mantivo as súas esperanzas nun retorno do réxime democrático republicano. Confiaban en que o triunfo da democracia occidental non consentira a pervivencia dun Goberno que tan implicado estivera con Alemaña e Italia.

Aquela zona de guerra na que se converteu o noroeste peninsular durante o conflito mundial será escenario dos intentos da oposición antifranquista por rematar coa ditadura nos albores da Guerra Fría.
Derrubar a Franco converteuse no obxectivo.

Derribar2