O soño roto, a unidade didáctica sobre a II República en Compostela, aberta na rede

O Concello de Santiago e o grupo de investigación HISPONA publican de forma aberta na rede a unidade didáctica O soño roto. Educación, sociedade e política na Compostela republicana. Este traballo, elaborado por Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, quere axudar a dar a coñecer como era a vida na Compostela republicana, dun xeito amplo e que chegue a temas do mais variado, con especial atención a elementos da vida cotiá, da educación, da modernización ou da política. Tamén pretende axudar a recuperar unha memoria que quedou borrada ou difuminada durante moitos anos, e que cómpre ver dende unha perspectiva aberta e global.

Descarga O soño roto en pdf

Seminario “José Antonio: Mito y realidad”, por Joan María Thomàs

O 28 de marzo, martes, volven os seminarios de Hispona da man de Joan María Thomàs, que impartirá “José Antonio: Mito y realidad”, centrado na imaxe do mais famoso dos falanxistas españois. Thomàs abordará a mitificación da súa figura, contrastándoa coa realidade do personaxe histórico, algo que abordou en detalle nunha completa biografía publicada este mesmo ano.

Joan Maria Thomàs é profesor da Universidade Rovira i Virgili, e autor de títulos como Falange, Guerra Civil, Franquisme. F.E.T. y de las JONS de Barcelona en els primers anys de règim franquista (1992), Lo que fue la Falange. La falange y los falangistas de José Antonio, Hedilla y la Unificación. Franco y el fin de la Falange Española de las JONS (1999), La Falange de Franco: Fascismo y fascistización en el régimen franquista (1937-1945) (2001); Roosevelt, Franco, and the End of the Second World War (2011), El Gran Golpe. El «caso Hedilla» o cómo Franco se quedó con Falange, Franquistas contra franquistas. Luchas por el poder en la cúpula del régimen de Franco (2016) e o mais recente José Antonio. Realidad y mito (2017).

Día: Martes, 28 de marzo
Hora: 12:00
Lugar: Seminario de Historia Contemporánea. Facultade de Xeografía e Historia, 1ª planta. Santiago de Compostela.