Xosé Luís Pastoriza Rozas

Membro

Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto (2022). Máster en Desenvolvemento Local pola USC e MSc NGO and Development Management pola London School of Economics & Political Science. Membro do grupo de investigación HISPONA da USC, padroeiro da Fundación Isla Couto, membro da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, experto do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). 

As súas áreas de investigación abranguen a filosofía galega, o nacionalismo galego e as súas redes durante a II República e o Franquismo, a educación para a cidadanía global e a política pública de cooperación para o desenvolvemento. Nas súas publicacións contribuíu á reconstrución das iniciativas político-culturais do galeguismo e ás biografías dos irmáns Xaime e Ramiro Isla Couto, Chita Lamas Barreiro, Plácido Castro, Florencio Delgado Gurriarán, Camilo José Cela, Ramón Piñeiro ou Francisco Fernández del Riego. 

A súa experiencia profesional inclúe o traballo como técnico de proxectos e xestión na secretaría técnica da Coordinadora Galega de ONGD, técnico de educación para a cidadanía global en Entreculturas ONGD, investigador na Fundación Isla Couto e director do Colexio Maior Universitario San Agustín (Santiago de Compostela). Entre 2012 e 2023 facilitou como consultor os procesos participativos de planificación estratéxica e avaliación da política pública de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia e prestou servizos de asistencia técnica a Entreculturas, Mans Unidas, Campaña Mundial pola Educación, Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. 

Contacta con Xosé Luís Pastoriza Rozas

Más información

  • Correo

    List Content goes here

  • List Content goes here