Manuel Pérez Lorenzo
Membro
Manuel Pérez Lorenzo (Sada, 1987), licenciado en Historia e Máster en Formación do Profesorado pola USC, é profesor de ensino secundario. É coautor de volumes como Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (Laiovento, 2012); Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio (Fundación Galiza Sempre, 2017); Xeración perdida Coruña 36′. Representatividade institucional e represión: as corporacións municipais da provincia da Coruña na II República (Deputación da Coruña, 2018); Meirás, un pazo para el Caudillo (Do Cumio, 2021); ou Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia (Galaxia, 2024). Coordinou volumes como Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galleguismo (2009) ou A idea na palabra. Textos e documentos recuperados de Manuel Lugrís Freire (2013).
Corredactor dos informes sobre o Pazo de Meirás e as posibilidades da súa incorporación a patrimonio público elaborados por encarga da Deputación da Coruña e do Parlamento de Galicia, tamén foi o redactor do informe histórico sobre os bens mobles do Pazo de Meirás encargado polo Concello de Sada. Ten publicado traballos arredor da historia local de Sada, coordina Areal: Revista Cultural de Sada (desde 2010) e preside a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.