Luis Velasco Martínez

Colaborador externo

Luis Velasco

Profesor Axudante Doutor da área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo (España), durante o curso 2023/24 foi visiting lecturer no King’s College London. Dentro da UVigo imparte docencia nas facultades de Historia e Relacións Internacionais do Campus de Ourense e na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte do Campus de Pontevedra. Ademais desenvolve a súa actividade investigadora no marco do grupo de investigación HC1. 

 

Doutor Internacional en Historia Contemporánea pola USC, doutorouse nela baixo a dirección de Xosé Manoel Núñez Seixas cunha tese titulada A Nación Marcial: Servizo Militar Obrigatorio e Educación Patriótica en España (1898-1982), realizada no marco do grupo de investigación HISPONA. Foi investigador visitante entre outras de Universidade de Buenos Aires, Columbia University, Barnard College, Center for War Studies, University College Dublin e El Colegio de México.  

 

Anteriormente foi profesor das universidades de Málaga e Pablo de Olavide de Sevilla. Foi investigador do Programa Nacional de Formación de Doutores do Ministerio de Ciencia no departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, onde tamén foi membro do seu claustro e o seu consello de goberno, ademais de director do Colexio Maior «Rodríguez Cadarso». 

 

Actualmente compaxina a docencia e a investigación na UVigo co seu cargo de coordinador do Máster en Seguridade, Paz e Conflitos Internacionais da USC e o IEEE. A súa investigación céntrase no proceso de construción do nacionalismo español ao longo do século XX e na historia dos conflitos. 

 

Entre as súas publicacións máis recentes: 

Velasco, L. (2024): «Servicio Militar: memoria, movilización y nación», Revista Universitaria de Historia Militar, 13(26).  

Velasco, L. (2023): Fascismo de ultramar: el falangismo español en el Río de la Plata (1936-1943). Buenos Aires: Biblos. 

Velasco, L.; Prada, J. (2022): Estrategias de ludificación aplicadas a la enseñanza de la historia. Barcelona: Graó. 

Velasco, L.; Azcona, J. M. (2021) Camisas azules en Hispanoamérica (1936-1978). Organización política y prosopografía del falangismo en Ultramar. Madrid: Dykinson.

Contacta con Luis Velasco

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    luis.velasco@usc.es

  • LinkedIn

    List Content goes here