Fondo Miguel Gutiérrez

Recentemente, HISPONA publicou en liña unha parte do Fondo Miguel Gutiérrez, en colaboración co Consello da Cultura Galega. O fondo permite consultar unha variedade de materiais propagandísticos (folletos, carteis, pegatinas, etc.) que abarcan a historia recente de Galicia desde a Transición. O traballo de HISPONA consistiu fundamentalmente na dixitalización do fondo e na súa indexación.

Memorias Vivas

Como resultado do traballo de HISPONA arredor da memoria democrática nos pasados tres anos vense de publicar unha nova páxina web (Memorias Vivas) na que están dispoñíbeis os seus resultados. Nela pódese consultar un mapa que abrangue “Patrimonio e espazos da memoria democrática en Galicia: franquismo e transición”, tal e como indica o nome do propio proxecto de investigación baixo cuxo abeiro se elaborou.