Hispona presenta os resultados de Xeración Perdida Pontevedra

O proxecto Xeración Perdida representatividade institucional e represión: As corporacións municipais da Fronte Popular na Provincia Pontevedra, asinado polo grupo Hispona coa Deputación Provincial de Pontevedra, xa xerou resultados tanxibles que están a disposición do público na web da propia deputación.

En primeiro lugar destaca unha base de datos dos concelleiros represaliados, con ata 256 resultados que abranguen todas as corporacións republicanas, e diferentes categorías de represión, que van dende o asasinato ao procesamento, pasando polo encarceramento ou o exilio.

Outro dos elementos centrais é unha gran base de datos con todos os concelleiros das corporacións municipais republicanas da provincia. Mais de duas mil entradas que son froito dunha pormenorizada análise da documentación municipal de cada concello.

Isto complétase cun informe por concellos, unha colección fotográfica e uns mapas da represión que poden ser consultados en Xeración Perdida Pontevedra.

Lembramos ademais o proxecto das mesmas características que anteriormente Hispona levou a cabo para a provincia da Coruña, e que leva tempo aberto en Xeración Perdida Coruña.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *