Ruy Gonzalo Farías Iglesias

Colaborador externo

Rui Farías

Profesor de Historia pola Universidad de Buenos Aires (UBA) e Doutor na mesma disciplina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Traballa como Investigador  e docente no Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (CONICET, Argentina), a Universidad Nacional General Sarmiento (UNGS) e o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina. É, ademais, colaborador do Laboratório de Estudos de Imigração (Universidade do Estado do Rio de Janeiro) e membro do Programa de Historia Oral da UBA.

A sua labor científica céntrase no estudo da inmigración galega en Arxentina, ainda que tamén aborda a represión franquista en Galicia durante e despois da Guerra Civil española, e o exilio galego á República austral. Dende 2012, no marco do CONICET, traballa en torno ás características xerais, integración e imaxinario colectivo das migracións españolas a aquel país no período da segunda posguerra.

Actualmente participa nos proxectos de investigación “Las políticas de intercambio académico de la Universidad de Buenos Aires: una perspectiva histórica” (UNGS, con financiación da Agencia Nacional de Promoción Científica y Tecnológica, Arxentina), “La Trascendencia Migratoria de la Ley de la Memoria Histórica” (Universidade da Coruña) e “La nación desde la raíz. Nacionalismo español y sociedad civil en el siglo XX” (USC).

Ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas e de divulgación, así como tamén varios capítulos en obras colectivas. Compilou Buenos Aires Gallega. Inmigración, pasado y presente (CPPHC: Buenos Aires, 2007), Bos Aires galega (Toxosoutos: Noia, 2010) e Novos olhares sobre a imigração ibérica em América Latina (ss. XIX-XX) (Universidade Salgado de Oliveira: Niterói, 2013), este último en colaboración con Erica Sarmiento. É tamén coautor de Los “gallegos” en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa (A Coruña/Vigo: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008). En 2010 a USC editou en CD-ROM a sua tese de doutoramento, La inmigración gallega en el Sur del Gran Buenos Aries, 1869-1960.

Mais información