Olga Glondys

Colaboradora externa

Olga Glondys

Olga Glondys (1979) é investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Historia, Teorías e Xeografía Políticas da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UCM. As súas principais áreas de investigación son a historia do Antifranquismo e da Guerra Fría Cultural e da Historia Cultural do Exilio Republicano. Licenciada pola Universidade Jaguelónica de Cracovia, obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento (2010) pola Universidade Autónoma de Barcelona pola súa tese “La Guerra Fría Cultural y el Exilio Republicano Español. Cuadernos del Congreso por la Libertad de la Cultura”, publicada  en 2012 (Madrid, CSIC). Gozou dos contratos postdoutorais Alianza 4 Universidades na Universidade Carlos III de Madrid (2011-2013) e Juan de la Cierva (2016-2018) na Universidade Autónoma de Barcelona. Realizou estancias nas universidades de Chicago e de Stanford, en Bratislava International School for Liberal Arts, Central European University de Budapest e na Universidade de Leiden. Entre as súas últimas publicacións destaca o volume La prensa cultural de los exiliados republicanos. Los años 40 (Sevilla, Renacimiento, 2018), a coordinación (en coautoría) do monográfico El Exilio Republicano y los campos de concentración nazis (Hispania Nova, 1, 2019) e artigos como “El giro cultural en la historia contemporánea española: nuevas complejidades, aperturas metodológicas y testimonios de la praxis” (Studia Historica. Historia Contemporánea, 35, 2016, pp. 171-204)

Contacta con Olga Glondys

This contact form is deactivated because you refused to accept Google reCaptcha service which is necessary to validate any messages sent by the form.

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    oglondys@yahoo.es

  • LinkedIn

    List Content goes here