Publicado o libro Derribar a Franco, editado por Emilio Grandío e Javier Rodríguez

A editorial Eneida xa publicou o libro Derribar a Franco: Oposición al Régimen y Guerra Fría en el Noroeste de la Península Ibérica. Editado por Emilio Grandío e Javier Rodríguez.

Co conflito mundial xa rematado, Franco seguía no poder. Ninguén o derrubara. No libro previo War Zone (2012), analizouse como o noroeste peninsular foi unha peza fundamental no puzle estratéxico da Segunda Guerra Mundial.

Os sucesivos intentos de invasión militar da Península Ibérica fracasaran. Trala vitoria aliada, a oposición antifranquista mantivo as súas esperanzas nun retorno do réxime democrático republicano. Confiaban en que o triunfo da democracia occidental non consentira a pervivencia dun Goberno que tan implicado estivera con Alemaña e Italia.

Aquela zona de guerra na que se converteu o noroeste peninsular durante o conflito mundial será escenario dos intentos da oposición antifranquista por rematar coa ditadura nos albores da Guerra Fría.
Derrubar a Franco converteuse no obxectivo.

Derribar2

Seminario “Los exiliados republicanos y los organismos trasatlánticos occidentales: 1940-1961″, por Olga Glondys

O vindeiro martes, 28 de xaneiro, Olga Glondys impartirá o seminario “Los exiliados republicanos y los organismos trasatlánticos occidentales: 1940-1961”. Olga Glondys é doutora en Historia Contemporánea pola Universitat Autònoma de Barcelona. O seu libro La guerra Fría cultural y exilio republicano español: “Cuadernos del Congreso por la Libertad de la Cultura” (1953-1965), constitúe o primeiro estudo monográfico da actividade do Congreso por la Libertad de la Cultura no seo do antifranquismo. Actualmente, segue desenvolvendo unha profunda investigación da actividade deste organismo entre os intelectuais antifranquistas do interior e do exilio. Asimesmo, ten escrito artigos adicados ao tema da guerra fría cultural estadounidense nos ambientes de outros exilios culturais europeos.

Día: Martes, 28 de xaneiro.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula do Máster en Historia Contemporánea, Facultade de Xeografía e Historia.