Xosé Manoel Núñez Seixas

Membro

Seixas

Doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (1992) coa tese El problema de las nacionalidades en la Europa de entreguerras. El Congreso de Nacionalidades Europeas (1925-1938), dirixida polos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf. Foi profesor titular de Historia Contemporánea na USC (1994-2007) e é catedrático de Historia Contemporánea dende outubro de 2007. Dende o 1 de outubro de 2012 está en situación de excedencia temporal para ocupar a cátedra de Historia de Europa nos séculos XIX e XX na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich.

Foi investigador invitado nas Universidades de Halle / Saale, Bielefeld Zentrum für vergleichende e Geschichte Europas (Berlín), así como no Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén profesor invitado nas Universidades de Rennes II, París VII , París X -Nanterre , City University of New York, Stanford University (EE.UU.) e a Universidad Nacional de Mar del Plata (Argentina).

É membro do consello editorial das revistas Historia del Presente (Madrid), Estudos Migratorios (Santiago de Compostela), Ayer (Madrid), Historia Social (Valencia) e Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén é membro do Consello Asesor das revistas españolas Historia, Trabajo y Sociedad (Madrid) e Segle XX (Barcelona), así como membro do Consello Asesor das revistas internacionais European History Quarterly (London), Spagna Contemporanea (Torino) e Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies.

Xosé M. Núñez Seixas é investigador principal do proxecto de investigación HAR2008-06252-C02-01/HIST, titulado Imaginarios nacionalistas e identidad nacional  española en el siglo XX, subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (2008-2011).  Igualmente, participa na rede temática de investigadores Relating Identities: Locality, Region, Nation and Empire in Modern European History, financiada polo Leverhulme Trust International, coordinado pola profesora Maiken Umbach (Universidad de Manchester), 2008-2011.

Ámbitos de investigación

Movementos nacionalistas europeos en perspectiva comparada; nacionalismos galego, vasco e catalán; a cuestión nacional na Europa de entreguerras, o nacionalismo español no século XX e mais alá , as identidades locais , rexionais e territoriais en España durante os séculos XIX e XX , a historia cultural da guerra e da violencia, con especial referencia á Guerra Civil española e a fronte rusa durante a Segunda Guerra Mundial; a emigración española cara América Latina , séculos XIX y XX, con especial referencia á emigración galega a Arxentina , os emigrantes retornados antes de 1936 e a movilización política entre as comunidades de emigrantes.

Contacta con Xosé Manoel Núñez Seixas

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • email@servidor.com

    List Content goes here

  • Web na LMU

    List Content goes here

  • LinkedIn

    List Content goes here