Steven Forti

Colaborador externo

Steven Forti

Doutor en Historia pola Universitat Autònoma de Barcelona e a Università di Bologna (2011), as investigacións de Steven Forti están orientadas cara a historia política e do pensamento político do século XX, con particular atención á Europa do periodo de entreguerras dende a perspectiva da historia comparada. A súa tese de doutoramento, na que estudiou a cuestión do tránsito de dirixentes políticos da esquerda ao fascismo nos casos de Italia, Francia e España, foi galardonada co premio para teses doutorais da Cátedra Juana De Vega e o accésit do Premio Miguel Artola da Asociación de Historia Contemporánea

Entre as súas publicacións destacan El peso de la nación. Nicola Bombacci, Paul Marion y Óscar Pérez Solís en la Europa de entreguerras (Santiago de Compostela, 2014) e a participación con ensaios sobre a traxectoria política de Paul Marion e sobre a historia do sindicalismo italiano, respectivamente, en Ferrán Gallego y Francisco Morente (eds.), Rebeldes y reaccionarios. Intelectuales, fascismo y derecha radical en Europa, 1914-1956 (Barcelona, 2011) e José Babiano Mora, El papel de los sindicatos en la construcción de la ciudadanía en la Europa del siglo XX (Madrid, 2014).

Membro da redacción das revistas Zapruder (dende 2013) e Atlántica XXII (dende 2012), Steven Forti colabora con diversas revistas de historia contemporánea en Italia e España (Memoria e Ricerca, Spagna Contemporanea, Storia e Problemi Contemporanei, Storicamente, Diacronie, Segle XX, Historia, Trabajo y Sociedad) e con varios periódicos, revistas e páxinas web de información y cultura (Diagonal, Directa, Atlántica XXII, Corriere del Trentino, Politica Responsabile).

En 2008 foi un dos fundadores de PRAXIS. Asociación de Jóvenes Investigadores en Historia y Ciencias Sociales. Dende 2006 é membro do Centre d’Estudis sobre les Èpoques Franquista i Democràtica (CEFID), dende 2010 de la Asociación de Historia Contemporánea (AHC) e dende 2013 é colaborador externo do grupo HISPONA.

Contacta con Steven Forti

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    stevenforti@hotmail.it

  • LinkedIn

    List Content goes here