Olga Glondys

Colaboradora externa

Olga Glondys

Olga Glondys (1979) doutora pola Universitat Autònoma de Barcelona (2010), Premio Extraordinario de Licenciatura (Universidad de Cracovia, 2003), investigadora visitante no Center for Latin American Studies de la University of Chicago (2008) e na Hoover Institution da Standford University (2009). Membro do Grupo de Estudios del Exilio Literario (GEXEL) da UAB, nos anos 2011-2013 foi investigadora posdoutoral no Departamento de Humanidades (Historia, Geografía y Arte) da Universidad Carlos III de Madrid. O seu libro La guerra Fría cultural y exilio republicano español: “Cuadernos del Congreso por la Libertad de la Cultura” (1953-1965),constitúe o primeiro monográfico da actividade do Congreso por la Libertad de la Cultura no seo do antifranquismo. Actualmente, segue a desenvolver unha profunda investigación da actividade deste organismo entre os intelectuais antifranquistas do interior e do exilio. Así mesmo, escribiu artigos adicados ao tema da guerra fría cultural estadounidense nos ambientes de outros exilios culturais europeos.

Contacta con Olga Glondys

Mais información

  • Curriculum

    List Content goes here

  • Mail

    oglondys@yahoo.es

  • LinkedIn

    List Content goes here