Emilio Grandío Seoane

Coordinador

Emilio Grandio

Nado na Coruña no ano 1967. Profesor Titular de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. Doctorouse en Historia en 1995 coa tese La CEDA en Galicia 1931-1936. Especialista na Segunda República e no primeiro franquismo, traballa na actualidade sobre a intervención exterior na Península Ibérica trala Segunda Guerra Mundial; nacionalismo e sociedade civil no século XX; evolución do exilio español no franquismo; europeísmo, e partidos políticos na transición.

Formou parte de varios proxectos de investigación referidos ao estudo das élites políticas, e relacións culturais entre España-América, financiados polo Ministerio de Ciencia y Tecnología e a Xunta de Galicia. Dirixiu e coordinou diversos proxectos de investigación como os financiados pola Deputación da Coruña sobre a represión da Guerra Civil na provincia da Coruña (2004-2006), conflictividade sociopolítica na Segunda República (2006-2008), ou os servicios de investigación e vixiancia na construción do réxime franquista (2010-2011), este último, financiado polo Ministerio de Presidencia. Entre 2006 y 2012, foi Coordinador do proxecto interuniversitario (Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña y Vigo) “As vítimas,os nomes, as voces e os lugares”, pioneiro nos estudos sobre a represión da Guerra Civil. Na actualidade dirixe o Grupo de investigación HISPONA da USC (Historia política e dos nacionalismos), grupo que participa en diversos proxectos e organiza seminarios nacionais e internacionais. Tamén coordina o Grupo EUCODE, encargado xunto a sete universidades españolas, de desenvolver unha petición para un Proxecto Europeo sobre o tema ‘A cultura do fascismo/antifascismo na construcción dos procesos de transición democráticos’ (2015-2017), de recente concesión.

Dende 2012 é investigador principal do Proxecto de Investigación “La nación desde la raíz. Nacionalismo español y sociedad civil en el siglo XX” xunto a Javier Moreno Luzón, sobre a construcción das identidades civis e no que participan investigadores de universidades españolas e estranxeiras. Membro de la Association for Spanish and Portuguese Historical Studies, participou no seu congreso internacional celebrado en Boston en 2012 e en xuño de 2014 coordinou a mesa “Movilización, acción colectiva y violencia en la España del siglo XX” no encontro que dita organización celebrou na cidade de Módena (Italia). No Congreso da Asociación de Historia Contemporánea, da que é membro, participou como relator na mesa ‘La Segunda República: un debate abierto’, celebrada en Madrid no mes de setembro do 2014. No seguinte Congreso da Asociación de Historia Contemporánea en Ciudad Real (setembro 2016) participará na Mesa ‘A construcción do franquismo (1936-1951)’.

Entre os seus libros salientan: Los orígenes de la derecha gallega. La CEDA en Galicia (1931-1936) (1998); Años de Guerra. A Coruña, 1936-1939 (1999); Caciquismo e eleccións na Galiza da II República (1999); A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia (2010); Casares Quiroga. La Forja de un Líder (2011); Vixiados (2011), War Zone. La II Guerra Mundial en el noroeste de la Península Ibérica (2012); War Zone. Represión y clandestinidad política en el noroeste de la Península Ibérica (1945-1953), (2013); e Derribar a Franco (2013). Os seus últimos artigos de libro: ‘La construcción del franquismo en el entorno urbano: Praxis vs. Política de masas’, (2015), e xunto a Julio Prada, ‘La construcción del poder local: viejas y nuevas elites’ en Prada, J. (dir.) No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia, Biblioteca Nueva, Madrid. Ademais, coordinou diversos monográficos en revistas especializadas, como o adicado á Segunda República –xunto a Julio Prada- en Hispania Nova (2013) ou sobre ‘La Transición en Galicia’ (Historia del Presente, Nº 25, 2015). Tamén está a coordinar o dossier da Revista Universitaria de Historia Militar (RUHM) ‘Guerra de silencios. Redes de inteligencia en España durante la Segunda Guerra Mundial’ (data prevista, xaneiro 2016).

Contacta con Emilio Grandío Seoane

Mais información

  • Curriculum

    En formato pdf

  • Mail

    emilio.grandio@usc.es