A Deputación de Pontevedra e HISPONA presentan a primeira fase de Xeración Perdida

O grupo HISPONA leva meses traballando coa Diputación de Pontevedra no proxecto Xeración Perdida, que ten o obxectivo de rescatar a vida política municipal da provincia na II República e a ruptura que para esta supuxo a sublevación militar de 1936, pola represión que sufriron os seus membros.

Este estudo de largo alcance, que xa está a rematar para a provincia da Coruña, completou xa unha primeira fase. Deste xeito, podemos presentar uns resultados preliminares do traballo xa realizado. Entre eles, o mais salientable é unha base de datos con mais de 200 concelleiros represaliados, que se pode consultar de forma aberta na rede, e que permite pescudar por nomes ou ordenar por concellos ou tipo de represión sufrida.

A web con estes resultados da primeira fase pode ser consultada a través deste enlace.

A transición a debate, curso de verán da USC no que participa HISPONA

O grupo HISPONA participa nos cursos de verán da USC. Concretamente no curso A transición a debate, que terá lugar do 18 ao 20 de xullo, no salón de Graos Juan Linz da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Son en total 18 horas lectivas e está dirixido polo profesor Manuel María de Artaza Montero. HISPONA colabora coa participación de Emilio Grandío.

Pode facerse a matrícula neste enlace (é o curso número 18), e a continuación tedes o programa completo:

Día 18: A historiografía e os estudos da Transición

9:00 Acreditación e entrega de documentación

9:30 Inauguración

9:45 A historiografía da Transición
Emilio Francisco Grandío Seoane
Profesor Titular de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de
Compostela

10:45 As transicións á democracia e a Transición española
José Ramón Montero Gibert
Catedrático emérito da Universidade Autónoma de Madrid

11:45 Pausa

12:00 A visión crítica sobre a Transición española
José Luis Villacañas Berlanga
Catedrático de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid

13:00 A violencia e a Transición española
Xavier Casals i Meseguer
Profesor da Universitat Ramon Llull

14:00 Pausa

16:30 O cine e a televisión da Transición
José Luis Castro de Paz
Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela

17:30 Pausa

17:45 Película/documental/fórum

19:45 Fin da xornada

Día 19: O Estado das autonomías: nacemento e desenvolvemento

9:00 Acreditación e entrega de documentación

9:30 O Estado autonómico español en perspectiva comparada
Ramón Máiz Suárez
Catedrático de Ciencia Politica e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

10:30 O título VIII da Constitución: secretos, falacias e inxenuidades
Roberto Luis Blanco Valdés
Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela

11:30 Pausa

12:00 Violencia política e conformación da autonomía vasca na Transición, 1977-1979
José María Portillo Valdés
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade do País Vasco

13:00 O nacemento e a consolidación da autonomía de Galicia
Xosé Luís Barreiro Rivas
Profesor titular de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

14:00 Pausa

16:30 Presentación da película
Manuel Mª de Artaza Montero.
Profesor titular de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de
Compostela

17:00 Pausa

17:00-19:30 Película/documental/fórum

Día 20: Europa e a transición

9:30 A Transición, España, Europa e o Estado do Benestar
Luis Moreno Fernández
Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas

10:30 A participación das comunidades autónomas na Unión Europea
Jesús Gamallo Aller
Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia

11:30 Pausa

12:00 Os factores da crise na Transición (mesa redonda/debate)
Ponentes. Modera Cristina Ares Castro-Conde, profesora contratada doutora da
Universidade de Santiago de Compostela

Xornadas 13 estampas de traizón

Os próximos días 1, 2 e 3 de febreiro, a fundación Luís Seoane organiza na Coruña as xornadas 13 Estampas de traizón, Guerra Civil, propaganda e artistas de Galiza. Nelas participará o membro de Hispona Emilio Grandío e o noso colaborador Eliseo Fernández, entre outros especialistas que compoñen un excelente cartel.

A inscripción é de balde e só require que cubrades o formulario que podedes descargar neste enlace.

O soño roto, a unidade didáctica sobre a II República en Compostela, aberta na rede

O Concello de Santiago e o grupo de investigación HISPONA publican de forma aberta na rede a unidade didáctica O soño roto. Educación, sociedade e política na Compostela republicana. Este traballo, elaborado por Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, quere axudar a dar a coñecer como era a vida na Compostela republicana, dun xeito amplo e que chegue a temas do mais variado, con especial atención a elementos da vida cotiá, da educación, da modernización ou da política. Tamén pretende axudar a recuperar unha memoria que quedou borrada ou difuminada durante moitos anos, e que cómpre ver dende unha perspectiva aberta e global.

Descarga O soño roto en pdf

Seminario “José Antonio: Mito y realidad”, por Joan María Thomàs

O 28 de marzo, martes, volven os seminarios de Hispona da man de Joan María Thomàs, que impartirá “José Antonio: Mito y realidad”, centrado na imaxe do mais famoso dos falanxistas españois. Thomàs abordará a mitificación da súa figura, contrastándoa coa realidade do personaxe histórico, algo que abordou en detalle nunha completa biografía publicada este mesmo ano.

Joan Maria Thomàs é profesor da Universidade Rovira i Virgili, e autor de títulos como Falange, Guerra Civil, Franquisme. F.E.T. y de las JONS de Barcelona en els primers anys de règim franquista (1992), Lo que fue la Falange. La falange y los falangistas de José Antonio, Hedilla y la Unificación. Franco y el fin de la Falange Española de las JONS (1999), La Falange de Franco: Fascismo y fascistización en el régimen franquista (1937-1945) (2001); Roosevelt, Franco, and the End of the Second World War (2011), El Gran Golpe. El «caso Hedilla» o cómo Franco se quedó con Falange, Franquistas contra franquistas. Luchas por el poder en la cúpula del régimen de Franco (2016) e o mais recente José Antonio. Realidad y mito (2017).

Día: Martes, 28 de marzo
Hora: 12:00
Lugar: Seminario de Historia Contemporánea. Facultade de Xeografía e Historia, 1ª planta. Santiago de Compostela.