Asinado un convenio de colaboración entre o grupo HISPONA da USC e o Concello de Santiago

O grupo de investigación HISPONA ven de asinar un convenio de colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago para a realización dunha unidade didáctica e un itinerario sobre a II República en Santiago de Compostela.

O convenio, asinado o 11 de novembro, contempla a elaboración dunha unidade didáctica para uso dos docentes en ensino secundario, bacharelato e formación profesional, así como a realización dun itinerario e a elaboración do texto dun folleto orientativo sobre o mesmo.

A unidade afondará en aspectos sociais locais da II República, xunto a outros de ámbito galego, de xeito que servirá para facer unha visita pola cidade recuperando elementos da memoria republicana, e tamén para ampliar os coñecementos do alumnado nesta etapa histórica.

De completar estas tarefas se encargan os membros de HISPONA Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, que contan con varias monografías e publicacións específicas sobre a II República.

3 comentarios
  1. José Antonio Rama López
    José Antonio Rama López Dice:

    Cal é o enderezo exacto para descarregar a unidade didáctica sobre a II República en Compostela?. ( Non son capaz de localizala na páxina de hispona.org)

    Responder
  2. Agustina Moran
    Agustina Moran Dice:

    A Conferencia Iberoamericana de Rectores pechouse coa Declaraci n de Compostela, documento no que os representantes de 165 universidades se comprometeron a pula-lo desenvolvemento do espacio com n de educaci n superior da Uni n Europea, Am rica Latina e Caribe (UEALC). Durante os tres d as que durou a Conferencia, rectores de diferentes universidades formalizaron preto de trinta convenios para intensificar cooperaci n a mi do xa establecidas (un deles, o celebrado entre a USC e a Universidade de R o Grande do Sul, Brasil). Os responsables dos campus de 17 pa ses destacan o compromiso de p r en marcha un modelo com n de cretos acad micos.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Responder a Alfonso Iglesias Amorín Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *