Asinado un convenio de colaboración entre o grupo HISPONA da USC e o Concello de Santiago

O grupo de investigación HISPONA ven de asinar un convenio de colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago para a realización dunha unidade didáctica e un itinerario sobre a II República en Santiago de Compostela.

O convenio, asinado o 11 de novembro, contempla a elaboración dunha unidade didáctica para uso dos docentes en ensino secundario, bacharelato e formación profesional, así como a realización dun itinerario e a elaboración do texto dun folleto orientativo sobre o mesmo.

A unidade afondará en aspectos sociais locais da II República, xunto a outros de ámbito galego, de xeito que servirá para facer unha visita pola cidade recuperando elementos da memoria republicana, e tamén para ampliar os coñecementos do alumnado nesta etapa histórica.

De completar estas tarefas se encargan os membros de HISPONA Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, que contan con varias monografías e publicacións específicas sobre a II República.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *