O soño roto, a unidade didáctica sobre a II República en Compostela, aberta na rede

O Concello de Santiago e o grupo de investigación HISPONA publican de forma aberta na rede a unidade didáctica O soño roto. Educación, sociedade e política na Compostela republicana. Este traballo, elaborado por Emilio Grandío Seoane e Alfonso Iglesias Amorín, quere axudar a dar a coñecer como era a vida na Compostela republicana, dun xeito amplo e que chegue a temas do mais variado, con especial atención a elementos da vida cotiá, da educación, da modernización ou da política. Tamén pretende axudar a recuperar unha memoria que quedou borrada ou difuminada durante moitos anos, e que cómpre ver dende unha perspectiva aberta e global.

Descarga O soño roto en pdf

Reflexións sobre pasado e cidade. Informe Caixa da Memoria na Coruña

Os vindeiros 17, 24 e 31 de xaneiro, o informe Caixa Memoria, realizado polo grupo Hispona, organiza unhas mesas de traballo abertas ao público nas que diversos expertos debaterán sobre accións que se poden realizar na cidade da Coruña para vencellar o pasado ao presente de forma accesible e atractiva para os cidadáns.